Continuamos a aprender e a debater sobre actualidade e futuro de Cuba

Continuando coa xeira de actividades que desde Mar de Lumes estamos a promover para difundir a actualidade de Cuba despois dos anuncios sobre estabelecemento de conversas entre Cuba e os Estados Unidos, onte, 8 de abril, tivemos a ocasión de debater e aprender sobre a realidade do país caribeño nun novo acto co-organizado coa Liga […]

Obama, derroga o decreto xa!

Onte, 7 de abril, varias organizacions da solidariedade internacionalista e doutros ámbitos fixemos entrega no consulado de Venezuela de máis de 1300 asinaturas exixindo a derrogación do decreto inxerencista aprovado polo presidente dos Estados Unidos, Barack Obama, declarando Venezuela como unha ameaza. Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista participou tamén desta actividade, […]

México insurxente: non esquecemos!

Onte, día 25, celebramos xunto coa Liga Estudantil Galega na Universidade da Coruña unha nova acción explicativa sobre a situación en México, co gallo da desaparición dos 43 estudantes normalistas en Ayotzinapa, no estado de Guerrero.  O compañeiro Manolo Pipas, internacionalista galego que coñece perfeitamente a realidade mexicana — non só en Guerrero, como tamén […]

Venezuela é a esperanza dos povos – Comunicado de Mar de Lumes

O 9 de marzo, o presidente dos Estados Unidos, Barack Obama enviou unha carta ao Congreso do seu país na que anunciaba a aplicación da lei estadounidense de facultades económicas para casos de emerxencia internacional, asegurando que o proceso bolivariano en curso na Venezuela representaba, textualmente, unha «inusual e extraordinaria ameaza á seguranza nacional e […]

4-F e o liderazgo de Hugo Chávez

Este 6 de febreiro, Mar de Lumes participou, como organización convidada, no acto organizado polo Consulado da República Bolivariana de Venezuela que conmemoraba o XXIII aniversario do alzamento cívico militar do 4 de Febreiro de 1992, dirixido polo comandante Hugo Chávez Frías. A conferencia foi impartida por Federico Ruiz Tirado, escritor e periodista venezolano, que […]

Colombia: o dilema a definir entre todos

Nos últimos tempos téñense xerado enormes expectativas sobre o proceso de paz en Colombia que están a negociar na Habana representantes do goberno daquel país e das FARC-EP. Tras a tregua unilateral e indefinida decretada pola guerrilla consideramos de enorme interese reproducir este texto de Timoleón Jiménez, Xefe do Estado Maior Central das FARC-EP botando […]

Liberados os últimos 3 cubanos encarcerados nos EUA, a solidariedade continúa

A data de hoxe, 17 de decembro de 2014, vén de se converter nun fito fundamental para Cuba e para todas as persoas e organizacións que exercemos a solidariedade co povo cubano. Veñen de ser liberados os últimos tres dos Cinco axentes encarcerados nos Estados Unidos por revelaren información sobre ataques terroristas contra Cuba. Antonio […]

En Lugo: México presente!

Na secuencia dos actos de solidariedade galega co México insurxente, desde Mar de Lumes e a Liga Estudantil Galega organizamos un novo acto para explicar a situación naquel país, tentar definir o concepto de narco-Estado e apoiar a insurxencia popular mexicana. A desaparición dos 43 estudantes de Aytozinapa (Guerrero) serviunos desta volta para falar do […]

Homenaxe xusta a Pedro Trigo, heroe galego-cubano

Onte, 28 de novembro, a Asociación de Amizade Galego Cubana Francisco Villamil e Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista realizamos unha xornada de homenaxe nacional ao heroe galego-cubano do asalto ao cuartel Moncada onde se inicia, como ponto de partida emblemático, a Revolución Cubana. Un momento da recepción no concello de Pontevedra […]