Homenaxe nacional a Pedro Trigo, 28 Nov.

Pedro Trigo, un dos heroes destacados na Revolución Cubana, é un fillo da emigración galega á América. El e o seu irmán, o tamén revolucionario Xulio Trigo — que morreu durante o combate do asalto ao cuartel Moncada — abandonaron Galiza xunto coa súa nai en 1936, cando o levante fascista no Estado español comezou […]

Colombia: os diálogos da Habana deben continuar

O mércores pasado, 19 de novembro, os diálogos da Habana en que as FARC-EP e o goberno colombiano negocian o proceso de paz do país suramericano cumpriron dous anos. Neste tempo, tense falado do fin da actividade armada das FARC-EP, mais tamén de reforma agraria, da situación dos presos e outros avanzos en liberdades, soberanía […]

Solidariedade co povo mexicano! Non ao Estado-narco!

Os últimos acontecementos en Ayotzinapa, México, coa desaparición forzada de 43 estudantes e o asasinato previo doutros 13, non só ten abalado a sociedade mexicana como tamén ten producido unha fonda vaga de indignación internacional, particularmente arredor dos grupos e organizacións de solidariedade que nas últimas semanas veñen manifestándose e realizando actos diversos nos que […]

A Cuba revolucionaria continúa a cumprir anos

A Cuba revolucionaria continúa a cumprir anos. Os 88 que hoxe, 13 de agosto, cumpre Fidel Castro, o seu principal ideólogo e artífice. Ademais, cumpren tamén anos nestes días tres dos catro presos cubanos que aínda continúan retidos nos Estados Unidos após a saída de René González coa pena cumprida. Para celebrar a data, a […]

26 de xullo: 61 anos de Cuba digna!

Cada 26 de xullo, o internacionalismo solidario celebra por todo o mundo o Día da Rebeldía en conmemoración da tomada revolucionaria do cuartel Moncada en Cuba, que deu orixe á revolución liderada por Fidel Castro contra o goberno títere dos Estados Unidos na illa. En Galiza, polo especial vencello que temos coa illa, mais sobre […]

203 anos de independencia venezuelana: avante!

Onte, 5 de xullo, cumpríronse 203 anos da independencia da Venezuela. A data, que en calquera outra antiga colonia sería unha efeméride para probar a posibilidade de subverter a orde dos Estados e até a súa forma territorial, nada menos, ten no caso venezuelano unha importancia adicional. Porque a Venezuela, nos últimos quince anos desa […]

Chávez Sempre!

Nun acto repleto de grandes momentos no interior do Auditorio García Barbón de Vigo, o pasado día 15 de marzo, Mar de Lumes participou, xunto con outras, como organización colaboradora na Homenaxe Nacional a Hugo Chávez organizada pola Associaçom Galega de Amizade com a Revoluçom Bolivariana (AGARB) e o Consulado de Venezuela en Galiza. En […]

Celebrado coloquio sobre o sistema educativo cubano

Onte, nunha xornada organizada pola Liga Estudantil Galega e na que Mar de Lumes colaboramos xunto coa Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil e a A.C. A Revira, puidemos escoitar o Cónsul Xeral de Cuba, José Antonio Solana, falando sobre o sistema educativo cubano diante dun auditorio de máis de 70 persoas congregadas nas aulas […]

Editado o Golpe de Leme de Hugo Chávez

Que Hugo Chávez é unha figura esencial do antiimperialismo e da soberanía non hai quen o discuta. Tampouco que esa importancia se estende a moitos outros aspectos, para facer del un personaxe global, e un fito referencial en toda a historia do fin do século XX e comezos do século XXI.  No primeiro aniversario da […]

Así se constrúen as mentiras sobre Venezuela

A propaganda de guerra é tan vella como a guerra mesma. Hoxe, a asunción da imaxe como “resumo de todas as cousas posíbeis” e o consumo de información reducida á mínima expresión — modelo Twitter — permiten un paso máis na descontextualización e na apropriación de imaxes para reforzar determinadas leituras políticas, notadamente cando a […]