Venezuela é a esperanza dos povos – Comunicado de Mar de Lumes

O 9 de marzo, o presidente dos Estados Unidos, Barack Obama enviou unha carta ao Congreso do seu país na que anunciaba a aplicación da lei estadounidense de facultades económicas para casos de emerxencia internacional, asegurando que o proceso bolivariano en curso na Venezuela representaba, textualmente, unha «inusual e extraordinaria ameaza á seguranza nacional e […]

4-F e o liderazgo de Hugo Chávez

Este 6 de febreiro, Mar de Lumes participou, como organización convidada, no acto organizado polo Consulado da República Bolivariana de Venezuela que conmemoraba o XXIII aniversario do alzamento cívico militar do 4 de Febreiro de 1992, dirixido polo comandante Hugo Chávez Frías. A conferencia foi impartida por Federico Ruiz Tirado, escritor e periodista venezolano, que […]

203 anos de independencia venezuelana: avante!

Onte, 5 de xullo, cumpríronse 203 anos da independencia da Venezuela. A data, que en calquera outra antiga colonia sería unha efeméride para probar a posibilidade de subverter a orde dos Estados e até a súa forma territorial, nada menos, ten no caso venezuelano unha importancia adicional. Porque a Venezuela, nos últimos quince anos desa […]

Chávez Sempre!

Nun acto repleto de grandes momentos no interior do Auditorio García Barbón de Vigo, o pasado día 15 de marzo, Mar de Lumes participou, xunto con outras, como organización colaboradora na Homenaxe Nacional a Hugo Chávez organizada pola Associaçom Galega de Amizade com a Revoluçom Bolivariana (AGARB) e o Consulado de Venezuela en Galiza. En […]

Editado o Golpe de Leme de Hugo Chávez

Que Hugo Chávez é unha figura esencial do antiimperialismo e da soberanía non hai quen o discuta. Tampouco que esa importancia se estende a moitos outros aspectos, para facer del un personaxe global, e un fito referencial en toda a historia do fin do século XX e comezos do século XXI.  No primeiro aniversario da […]

Así se constrúen as mentiras sobre Venezuela

A propaganda de guerra é tan vella como a guerra mesma. Hoxe, a asunción da imaxe como “resumo de todas as cousas posíbeis” e o consumo de información reducida á mínima expresión — modelo Twitter — permiten un paso máis na descontextualización e na apropriación de imaxes para reforzar determinadas leituras políticas, notadamente cando a […]

Non ao golpismo imperialista na Venezuela!

Manifestación baixo o lema «Pobo de paz» en Caracas Libia, Siria, Ucraína e, agora, Venezuela. Nos últimos tempos estamos a asistir a unha serie de revoltas contra gobernos definidos pola súa histórica posición anti-imperialista, pretendidamente orixinadas sempre por causa das problemáticas específicas de cada un deses países, mais na realidade, dirixidas e alimentadas desde o […]

Gonzalo Gómez: “O socialismo non se decreta”.

Onte, 25 de xuño, Mar de Lumes — Comité Galego de Solidariedade Internacionalista celebramos unha palestra co compañeiro Gonzalo Gómez Freire, integrante da corrente Marea Socialista do PSUV e un dos fundadores do portal de información aporrea.org, referencial no mundo inteiro en canto á información e o debate sobre a Revolución Bolivariana. Gonzalo Gómez falounos […]