Galiza con Palestina, contra a barbarie, contra a ocupación

Na noite de hoxe, 29 de outubro, o comité compostelán de Mar de Lumes, xunto coa campaña BDS Galiza e a asociación Galiza por Palestina celebraron unha concentración pública contra a intoxicación mediática a respeito da situación da Palestina e contra a ocupación como orixe de todos os crimes cometidos contra este povo irmán. Na […]

Galiza contra o ataque á III Flotilla da Liberdade, e contra a impunidade de Israel

Este serán, 29 de xuño, centos de persoas saímos ás rúas das principais cidades galegas e de todo o mundo en rexime de autoconvocatoria urxente. Fixémolo cun único obxectivo: denunciarmos a impunidade de Israel, a brutalidade do sionismo e a complicidade da Unión Europea perante os gravísimos feitos que viñan de acontecer na madrugada anterior: […]

Urxente! Contra a impunidade de Israel.

Esta madrugada, o barco Marianne que navegaba rumbo a Gaza para romper o criminal bloqueo sionista sobre esta faixa palestinana que dura xa 8 anos, foi asaltado por militares israelitas cando se encontraba en augas internacionais, a poucas millas do seu obxectivo. Os membros da tripulación foron entón conducidos ao cárcere militar de Ashdod, onde segundo informa o […]

Contra o asasinato do ministro Abu Ein e contra o rexime de terror sionista

Ziad Abu Ein, Presidente da Comisión da Autoridade Palestiniana contra o Muro de Separación e contra os Colonatos, foi asasinado o día 10 de decembro, mentres participaba na vila palestiniana de Turmusaya nun acto simbólico e pacífico contra a confiscación de terras palestinianas: unha plantación de oliveiras, símbolo universal da paz. Ziad Abu Ein resultou […]

Liberdade para os presos políticos palestinianos!

Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista quer aderir á campaña internacional que exixe ao goberno sionista de Israel a liberación do Secretario Xeral da FPLP, Ahmad Sa’adat, e a do resto das máis de 5.200 persoas secuestradas e encarceradas en Israel baixo o mesmo tipo de escusas que o sionismo usa para […]

Despois do masacre en Gaza, a ocupación continúa

O fin do ataque brutal contra a Faixa de Gaza non é o fin do problema da Palestina. A ocupación continúa e o pobo enfrenta novos problemas, tanto internos como externos, coa negativa de Israel a cumprir os acordos da tregua, non por esperábel menos catastrófica para a poboación gazea. Para falar da situación non […]

Israel volve matar: a solidariedade coa Palestina continúa.

Nos últimos días continúan a producirse mostras de solidariedade desde a Galiza para Palestina. O horizonte de negociacións e a posíbel retirada das tropas israelitas de Gaza era aínda un escenario pouco claro que, en todo caso, non impediu continuidade do problema, que é a ocupación criminal do territorio palestiniano, nen que esta madrugada do […]

Continúan mostras solidarias coa Palestina

Mentres a ocupación continúe, a solidariedade galega coa Palestina está asegurada. Na secuencia da entrada por terra das tropas asasinas sionistas en Gaza, e cando as persoas asasinadas xa ultrapasan sobradamente o medio milleiro e se dirixen rápida e criminalmente a camiño da seguinte centena, na Galiza as organizacións solidarias continúan a multiplicar a súa […]

Máis un paso na solidariedade galega coa Palestina

Mentres os bombardeos en Gaza non cesan e as vítimas mortais ultrapasan xa as 160, e mentres Israel continúa anunciando ataques aéreos e, segundo todo indica, se prepara para a invasión terrestre da faixa de Gaza, a solidariedade continúa a crecer por toda Galiza. Vigo, Ourense, Ferrol e Compostela viviron hoxe, 14 de xullo, senllas […]

Concentracións solidarias coa Palestina

A solidariedade galega coa Palestina reuniuse máis unha vez en diversos puntos do país para condenar os bombardeamentos do exército de Israel e reclamar a liberdade para o pobo palestiniano. Convocados por diversas organizacións, entre as cales Mar de Lumes, celebráronse senllas concentracións en Compostela, A Coruña e Lugo. A de Compostela, que chegou case […]