Segue a solidariedade galega coa Palestina

Malia o silenciamento mediático, o xenocidio continúa na Palestina e tamén a solidariedade nas rúas da Galiza. Nen o temporal impediu á solidariedade galega acudir á súa cita coa causa palestina e sinalar a complicidade e o oportunismo de quen nos goberna. Mentres a Resistencia palestina continúa en pé polos dereitos do seu pobo á […]

LaVuelta e Israel PremierTech fóra da Galiza

Nas xornadas do 7 ao 10 de setembro a solidariedade internacionalista galega fíxose notar de novo nas etapas de LaVuelta, a proba ciclista usada polo estado español para afirmar a “españolidade” do noso país e que, desde hai dous anos, en pleno xenocidio palestino, inclúe unha equipa israelita. A participación neste tipo de competicións internacionais, […]

As “revolucións de cores” ao servizo do capital, analisadas en Vigo

Mar de Lumes continúa a súa actividade de caracterización dos axentes que actúan no plano internacional e das técnicas de inxerencia no mundo, desta vez mediante unha palestra sobre as denominadas “revolucións de cores” que correu a cargo do activista da nosa organización Óscar Valadares. Durante a palestra, identificáronse os obxectivos desas denominadas “revolucións”, desde […]

365 días de solidariedade internacionalista. Avante!

Exactamente un ano despois da nosa apresentación pública o 5 de maio de 2013, un grupo de activistas do Comité Galego de Solidariedade Internacionalista Mar de Lumes celebramos na praza da Ferraría de Pontevedra o primeiro aniversario da organización cun acto simbólico que repetiu o realizado doce meses antes: o despregamento de bandeiras de nacións […]

Solidariedade con Herrira. Non máis represión contra o pobo basco!

O pasado día 30 de setembro as forzas policiais españolas detiñan por orde da Audiencia Nacional 18 militantes da organización basca de solidariedade coas presas e presos políticos, Herrira, entrando violentamente nas súas sedes e pechando a súa páxina web. Retomando a doutrina do “todo é ETA”, aplícaselles a lei antiterrorista e persoas que desenvolven […]

Material antiimperialista

Podes conseguir as camisolas de Mar de Lumes nas tallas S, M, L, XL e XXL a un prezo de 9 euros mandando un correo a mardelumes@gmail.com ou preenchendo o formulario a continuación. Cando recebamos os datos da túa solicitude, porémonos en contacto contigo para realizar o pagamento e acordar o modo de entrega. Camisola […]

Solidariedade con todos os pobos en loita pola súa soberanía

Onte, 3 de maio, MAR DE LUMES — Comité Galego de Solidariedade Internacionalista celebrou o seu primeiro acto público na cidade de Pontevedra. Un acto simbólico que procuraba apenas apresentar a iniciativa solidaria da organización, e chamar a atención para o modo como os direitos colectivos de autodeterminación e de exercicio da soberanía nacional son […]