Cargando eventos
Este evento pasou.

O martes 5 de febreiro, organizamos, desta volta en Lugo, unha nova proxección e debate arredor do documental “Kurdistán: A guerra das mulleres”. Este filme analiza a importante participación das mulleres na loita pola liberación do pobo kurdo nos diferentes territorios onde ten presenza e os avances no seu proceso de empoderamento e emancipación. Será a partir das 19h na Aula 29 Facultade de Maxisterio de Lugo.