Cargando eventos
Este evento pasou.

O xoves 17 de xaneiro, a Marcha Mundial Mulleres Galiza e Mar de Lumes organizamos en Ourense unha proxección e debate arredor do documental “Kurdistán: A guerra das mulleres”. Este filme analiza a importante participación das mulleres na loita pola liberación do pobo kurdo nos diferentes territorios onde ten presenza e os avances no seu proceso de empoderamento e emancipación. Será a partir das 20h no Centro Social A Galleira Ourense, na Praza de San Cosme, no Casco Vello