Cargando eventos
Este evento pasou.

O martes 26 de marzo organizaremos en Vigo unha charla-coloquio sobre o auxe dos partidos e movementos fascistas no conxunto de Europa. Nesta conferencia analizaremos o auxe do fascismo no continente europeo nun momento de crise económica capitalista que sacude a millóns de persoas e que posibilidades de implantación ten no noso país. Será a partir das 20h na Libraría Cartabón, na rúa Urzáiz 125, Vigo.