JAIRO VELÁSQUEZ

9 de Maio 20h00
Pontevedra

CASA DAS CAMPÁS
r/ Don Filiberto, 9

10 de Maio 20h00
Lugo

CULTURA DO PAÍS
r/ Carril das Hortas, 1

Palestra da man de Jairo Velásquez, activista político e social hondureño, que tratará os acontecementos no seu país desde o golpe de estado contra o presidente Zelaya até a resistencia e a loita contra a fraude eleitoral do actual goberno.

 

PABLO GONZÁLEZ

15 de Maio 20h00
— Libraría Cartabón

r/ Urzáiz, 125
VIGO

A palestra de Pablo González, militante de Jaleo, organización xuvenil da esquerda soberanista andaluza, terá como centro a loita pola terra como un dos elementos centrais da reivindicación política no seu país, unha máis das nacións negadas polo Estado español.

 

IZASKUN GOIENETXEA

15 de Maio 20h00
Ourense

A GALLEIRA
Pza. de S. Cosmede

16 de Maio 19h30
Compostela

FAC. XEOGRAFÍA
E HISTORIA, AULA 8

Dous actos sobre Euskal Herria que traerán á Galiza Izaskun Goienetxea, activista de Askapena — a organización internacionalista basca que leva máis de 30 anos a traballar no mesmo campo de Mar de Lumes. Unha fantástica oportunidade para ficar a coñecer o seu modelo de internacionalismo e a situación actual de Euskal Herria na nova fase que se abre en dirección á independencia. 

e máis!

O programa deste quinto aniversario irá sendo desvendado nos próximos días, até completar máis dunha ducia de palestras, encontros con representantes internacionais, accións de axitación na rúa, concertos, etc. Podes permanecer atenta a esta páxina ou ás nosas redes sociais.