Sobre a resposta europea ao conflito na Ucraína e á crise que vén
Cando a Rusia iniciou a súa operación militar na Ucraína, como Mar de Lumes fixemos pública unha declaración que tiña como obxectivo contextualizar a crise no máis longo e abranxente conflito da OTAN contra a Rusia. Un conflito que pasou xa por varias fases desde a criazón da chamada Alianza Atlántica en 1947, a última […]
Declaración sobre a crise na Ucraína e o Donbass
De Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista, queremos facer pública a seguinte declaración, na secuencia dos acontecementos que se veñen de precipitar nas últimas horas na Ucraína e no Donbass, mais que arrastran un histórico de varios anos que non podemos obviar. Nas últimas semanas, a crise política no leste da Ucraína […]
Unha ollada ao Sahara no aniversario da volta á guerra
Este 17 de novembro celebramos unha nova actividade internacionalista en Compostela cunha palestra baixo o título Sahara no aniversario da volta á guerra Para a palestra contamos novamente co activista saharauí afincado na Galiza, Salamu Chej, que repasou de maneira xeral a situación do seu país e explicou os acontecementos do último ano da guerra […]
Celebrado ciclo de palestras sobre o Afganistán
Mar de Lumes recuperou este mes a actividade de palestras-coloquio presenciais cunha serie de encontros sobre a situación do Afganistán despois da retirada das tropas occidentais do país no final de agosto de 2021. As palestras correron a cargo de Oscar Valadares, que se ten centrado no estudo do papel do imperialismo no mundo árabe-islámico […]
Galiza con Cuba contra o bloqueo
O criminal bloqueo que leva mais de seis décadas en pé tratando infrutuosamente de derrubar a Revolución en Cuba atinxe nestes momentos novas cotas de crueldade e sadismo. E isto é así porque, alén de inmobilizar as capacidades comerciais da illa en todos os campos, o bloqueo impídea, de maneira específica, de acceder aos mercados […]
Contra o imperialismo e as revolucións de cores
Espallar dúbidas sobre o proceso electoral en curso, instalar un clima de desconfianza a través das pancas mediáticas e das ONG e inmediatamente depois, diante dun resultado diverxente coa expectativa xerada, reclamar que se trata dunha fraude electoral. Estes son os mecanismos básicos do que se coñece como unha «revolución de cores». Trátase dun proceso […]
Represión e racismo Made in U$A
O asasinato de #GeorgeFloyd a mans de axentes da Policía de Minneapolis foi a isca que prendeu nunha revolta popular sen precedentes nos EUA desde os anos 60 do século XX.Un país construído sobre a eliminación física e territorial dos pobos autóctones e que se ergueu coa man de obra escrava e negra converteuse na potencia imperialista […]
Golpe de Estado en Venezuela
Diante dos graves acontecementos recentes nas fronteiras de Venezuela, Falamos co seu Cónsul Xeral en Galiza, Martín Pacheco, dos intentos do imperialismo para introducir mercenarios con ordes de atentar contra Nicolás Maduro e outros membros do lexítimo goberno venezolano.
O capitalismo é o virus
A actual pandemia que atravesan as nacións do mundo pon ao descuberto, máis unha vez, o funcionamento e as prioridades do imperialismo e do sistema capitalista. A finais do ano pasado a China anuncia a detección dos primeiros casos de COVID-19, dando inicio á escalada que deu na declaración de pandemia global por parte da […]
Contra as guerras imperialistas, fóra os EUA de Oriente Medio!
O pasado 3 de Xaneiro era asasinado nun atentado terrorista en Bagdade o xeneral iraniano Qasem Soleimani, cabeza visíbel da estratexia do país asiático na rexión, como dirixente das forzas Quds da Garda Revolucionaria do Irán. Falecía no atentado tamén o dirixente das milicias populares do Iraque, Abu Mahdi al-Muhandis. Seguidamente, o presidente dos EUA, […]