Vigo contra o Golpe de Estado na Venezuela

[fusion_builder_container hundred_percent=”no” hundred_percent_height=”no” hundred_percent_height_scroll=”no” hundred_percent_height_center_content=”yes” equal_height_columns=”no” menu_anchor=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”center center” background_repeat=”no-repeat” fade=”no” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ video_mp4=”” video_webm=”” video_ogv=”” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_loop=”yes” video_mute=”yes” video_preview_image=”” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” margin_top=”” margin_bottom=”” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=””][fusion_builder_row][fusion_builder_column type=”2_3″ layout=”2_3″ spacing=”” center_content=”no” link=”” target=”_self” min_height=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”left top” undefined=”” background_repeat=”no-repeat” hover_type=”none” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” margin_top=”” margin_bottom=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=”” last=”no”][fusion_title hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” content_align=”left” size=”3″ font_size=”” line_height=”” letter_spacing=”” margin_top=”” margin_bottom=”” text_color=”” style_type=”none” sep_color=””]

#GalizaVenezuela

[/fusion_title][fusion_title hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” content_align=”left” size=”2″ font_size=”” line_height=”” letter_spacing=”” margin_top=”” margin_bottom=”” text_color=”” style_type=”none” sep_color=””]

Vigo contra o Golpe de Estado na Venezuela

[/fusion_title][fusion_separator style_type=”none” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” sep_color=”” top_margin=”” bottom_margin=”2%” border_size=”0″ icon=”” icon_circle=”” icon_circle_color=”” width=”” alignment=”center” /][fusion_images picture_size=”auto” hover_type=”none” autoplay=”no” columns=”1″ column_spacing=”13″ scroll_items=”” show_nav=”yes” mouse_scroll=”no” border=”yes” lightbox=”no” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=””][fusion_image image=”https://mardelumes.org/wp-content/uploads/2019/01/venezuelavigo-1024×682.jpg” image_id=”2501|large” link=”” linktarget=”_self” alt=”” /][fusion_image image=”https://mardelumes.org/wp-content/uploads/2019/01/WhatsApp-Image-2019-01-30-at-22.25.11-1024×682.jpeg” image_id=”2500|large” link=”” linktarget=”_self” alt=”” /][/fusion_images][fusion_text columns=”” column_min_width=”” column_spacing=”” rule_style=”default” rule_size=”” rule_color=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=””]

Na tarde de hoxe, 30 de xaneiro de 2019, Mar de Lumes e outros colectivos sociais, internacionalistas, sindicais, políticos, xuvenís e estudantís convocamos unha concentración de repulsa pola golpe de Estado que os Estados Unidos e os seus parceiros están a levar a cabo contra o pobo da Venezuela e o seu presidente lexítimo, Nicolás Maduro. Este foi o manifesto lido neste acto:

Galiza Con Venezuela. Pola soberanía dos pobos

O pobo irmán da Venezuela está a sofrer un Golpe de Estado que ataca o goberno escollido nas urnas do Presidente Nicolás Maduro, que pretende destruir a Revolución Bolivariana e o seu proxecto de independencia e soberanía e que nós, desde a Galiza, rexeitamos frontalmente, firmemente, sen reticencias.

Un Golpe de Estado que parece protagonizado pola dereita opositora — oligárquica, apátrida e sometida aos intereses estranxeiros —, porque o 23 de xaneiro, aproveitando a data simbólica que conmemora a caída do ditador Marcos Pérez, un dos seus deputados, Juan Guaidó, se encaramou a un escenario preparado de antemán e se autoproclamou “presidente encargado” do país. Un Golpe de Estado cuxos líderes aseguran seguir a Constitución, pero que invoca artigos que, na realidade, non son aplicábeis á situación que previamente eles mesmos crearon. Un Golpe de Estado que descoñece á mantenta que Venezuela xa ten un Presidente, eleito democraticamente en 2013 e de novo en 2018, con máis de 6 millóns de votos e do 67% dos votos emitidos. Foron eleccións libres, como recoñeceron os centos de observadores internacionais, a pesar de que unha parte da oposición (precisamente a que agora se amotina) decidise non se apresentar.

Nós sabemos, porén, que toda esta operación ridícula e ao mesmo tempo irresponsábel non é cousa desa fracción opositora. Guaidó e o resto de personalidades que inmediatamente correron a refuxiarse na embaixada de Colombia en Caracas son apenas os títeres dun poder que leva desde 2002 tentando destruír a Revolución Bolivariana e que ten a súa sede en Washington e os seus ollos permanentemente postos nos recursos naturais venezuelanos.

Un poder que xa destruiu e continúa a destruír países no seu propio beneficio, de Siria á Ucrania, do Iraque á Libia, e que alimentou todas as ditaduras da América Latina, cos seus correspondentes Golpes de Estado: Pinochet en Chile, Videla na Arxentina, Banzer en Bolivia, Somoza en Nicaragua, Noriega en Panamá, Stroessner en Paraguai, Trujillo na República Dominicana, Batista en Cuba, etc., ou, máis recentemente, os chamados «golpes brandos» en Paraguai, en Honduras, no Brasil. Ese mesmo poder que desde hai anos mantén o bloqueo sobre os activos de Venezuela no estranxeiro — millares de millóns de dólares cuxo secuestro pavimenta unha crise económica real que a oligarquía golpista venezuelana promete resolver recorrendo ás migallas humanitarias dos Estados Unidos e ao Fondo Monetario Internacional. Ese mesmo poder que leva anos a exercer a guerra comercial, mediática e diplomática contra a Revolución, que tratou por todos os medios de desmontar o proceso de integración latino-americana impulsada por Hugo Chávez e Fidel Castro e que en 2015 acusou o goberno do Presidente Nicolás Maduro de representar unha “ameaza para a súa seguranza nacional” por non deixar de exercer a soberanía da Venezuela en todos os frentes e en todas as circunstancias. Por outras palabras: por non se deixar roubar e rapinar.

Mas ese poder, que é o poder do capitalismo sen fronteiras e sen escrúpulos, non só actúa desde Washingon. Do outro lado do Atlántico Norte tamén varios países da Unión Europea esqueceron o dereito internacional e se creron en disposición de daren ultimatos a un país soberano. Entre eles, o Estado español; o mesmo estado que, cunha man, exixe eleccións “libres” (que só serán “libres” se gañar a oligarquía) mentres coa outra envía forzas policiais para impedir como sexa un referendo de autodeterminación en Catalunya e que mantén presos e presas políticas dispersadas nos seus cárceres. Non nos sorprende, porén. O Estado español nunca deixou de acariciar en secreto a idea imperialista de que o que acontece en Venezuela, en Bolivia, en Cuba, en Nicaragua é unha cuestión de “política interna”, como expresou recentemente o seu ministro de relacións exteriores, Josep Borrell. Non nos sorprende, porque o enfrentamos todos os días, pero non por iso deixamos de condenalo. Señor Josep Borrell, señor Pedro Sánchez, hai moitos anos que América Latina se soubo libertar do seu imperio en decadencia. Primeiro con Bolívar, San Martín, Sucre ou Martí; e despois cos axentes da Segunda Independencia. Deixen América Latina tranquila. Deixen Venezuela vivir en Paz e progresar no modelo de país que a súa poboación escolleu maioritariamente.

Paren o Golpe de Estado na Venezuela!
Paren de dar ultimatos ridículos e de recoñecer títeres!
Respeiten a democracia e a soberanía dos pobos!

Galiza, 30 de Xaneiro de 2019.
#GalizaVenezuela

Asinan:
Anova
Anticapitalistas Galiza
Asemblea Republicana de Vigo
Asoc. Galego-Bolivariana Hugo Chávez
Asoc. Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil
Bloque Nacionalista Galego
Briga
Centro Social A Revolta
Centro Social Faísca
CIG
Coordenadora Antifascista Vigo-Pontevedra
Erguer – Estudantes da Galiza
Espiral – Mocidade Republicana Galega
Esquerda Unida
Frente Antiimperialista Internacionalista
Frente Popular Galega
Galiza Nova
Isca!
Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista
Movemento Galego ao Socialismo
Nova Esquerda Socialista
Partido Comunista de Galiza
Partido Comunista do Pobo Galego
Unión do Pobo Galego
Xeira
Xuventudes Comunistas

[/fusion_text][fusion_separator style_type=”none” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” sep_color=”” top_margin=”” bottom_margin=”5%” border_size=”0″ icon=”” icon_circle=”” icon_circle_color=”” width=”” alignment=”center” /][/fusion_builder_column][fusion_builder_column type=”1_3″ layout=”1_3″ spacing=”” center_content=”no” link=”” target=”_self” min_height=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”left top” background_repeat=”no-repeat” hover_type=”none” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” margin_top=”” margin_bottom=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=”” last=”no”][fusion_widget_area name=”avada-blog-sidebar” title_size=”” title_color=”” background_color=”” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” /][fusion_separator style_type=”none” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” sep_color=”” top_margin=”5%” bottom_margin=”5%” border_size=”0″ icon=”” icon_circle=”” icon_circle_color=”” width=”” alignment=”center” /][fusion_widget_area name=”avada-custom-sidebar-redes” title_size=”” title_color=”” background_color=”” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” /][/fusion_builder_column][/fusion_builder_row][/fusion_builder_container]

Partilla

Share on facebook
Share on twitter
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

Subscríbete ao noso boletín internacionalista