Nova vaga represiva contra a Palestina

A nova vaga represiva contra Palestina ordenada por Israel xa está aquí. Desta volta, tomando como pretexto o pretenso rapto de tres mozos na Cisxordania, o exército de Israel procede a novos bombardeamentos sobre poboación civil e, após asegurar ter identificado os suspeitosos daquel rapto, destrúe as súas casas e desata un novo terrorismo institucionalizado. […]

Pola Nakba, máis solidariedade desde a Galiza

Este ano en que continuou a construción do muro da vergoña en Palestina, en que a Arca de Gaza foi bombardeada covardemente, en que o embaixador de Israel no Estado Español declarou o Parlamento Galego “entre os piores inimigos de Israel”, neste ano en que continuaron os masacres indiscriminados na faixa de Gaza e na […]

Israel declara Galiza “inimiga”

É certo que a solidariedade internacional serve e ten consecuencias directas. A última, a protesta desproporcionada do embaixador de Israel no Estado español, Alon Bar (na foto), após o Parlamento de Galiza, soberanamente, ter feita pública unha declaración institucional en que insta o propio Israel a cumprir as resolucións das Nacións Unidas, precisamente co gallo […]

O sionismo ataca a Arca de Gaza

Hai unhas horas, a Arca de Gaza, o barco que pretendía saír de Gaza con produtos palestinianos para quebrar o bloqueo e evidenciar ao mundo a política xenocida do sionismo israelita, foi atacado e afundido parcialmente pola parte da popa. Con este ataque á bomba, Israel pretende demostrar a inviolabilidade do bloqueo económico que impón […]

Celebrada a palestra “Palestina, un pobo permanentemente agredido”

Hoxe, 14 de maio, véspera do día da Nakba, Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista e BDS-Galiza celebramos unha palestra conxunta na Universidade de Santiago de Compostela baixo o título “Palestina, un pobo permanentemente agredido”, no que ficou claro que os boicotes non son unha novidade histórica, senón un método de loita […]