Pola Nakba afirmamos: Israel, estado terrorista!

Na véspera do 70 aniversario da Nakba, fatídica data que conmemora a expulsión do pobo palestino da súa terra e a colonización sionista de Palestina, Israel celébrao asasinando a 58 persoas e ferindo a máis de 2,400.

A Nakba significou o éxodo obrigado pola forza do pobo palestino, obrigado a buscar refuxio e asilo fora da súa terra. O movemento sionista co apoio das potencias coloniais inventou o estado de Israel sobre as ruínas de 480 aldeas palestinas destruídas, expulsando aos seus habitantes mediante o exercicio do terror, a tortura e a masacre.

Fai 70 anos millóns de palestin@s quedaron condenados a un réxime de ocupación e apartheid. Tamén deu comezo unha loita xusta pola recuperación dos dereitos lexítimos do pobo palestino para recuperar a súa terra e polo regreso dos expulsados.

Onte, unha vez máis, fronte a un pobo desarmado que reclama a súa terra o exercito israelí, coa complicidade dos gobernos occidentais, dispara e bombardea dando mostras, unha vez máis, do desprezo pola vida e os dereitos humanos.

Puidemos contemplar en directo a realidade da ocupación de Palestina. Por unha banda, e como se dunha película de Holywood se tratase, os EEUU inauguraban a súa embaixada en Xerusalén, pola outra todo o mundo podía ver como o exercito de ocupación Israelí masacraba aos palestinos que se manifestaban reclamando sen armas o que lexitimamente lles pertence, a súa terra.

Mar de Lumes condena enerxicamente estes asasinatos, a pasividade cómplice da Unión Europea e do goberno de España e solidarizámonos co pobo palestino na súa lexítima loita contra a ocupación.

Chamamos ao Boicot a Israel e á participación nas mobilizacións convocadas para protestar contra a masacre do exercito israelí contra @s palestin@s.

Con motivo destas matanzas, Mar de Lumes e BDS Galiza chamamos a unha concentración de repulsa en Vigo celebrada hoxe mesmo, 16 de maio, onde foi lido o manifesto que podes asistir no vídeo fornecido polos compañeiros de GzVídeos.

2018-05-21T23:46:42+00:00