#5anosMarDeLumes

Siria en perspectiva

Libro do profesor Pablo Sapag

Siria en perspectiva é o título do libro do profesor Pablo Sapag e tamén o título das palestras que el mesmo impartiu en Pontevedra e en Lugo no marco do quinto aniversario de Mar de Lumes, que desta maneira volve colocar a cuestión de Oriente Próximo no centro da súa actividade de denuncia do imperialismo e de apoio aos pobos do mundo permanentemente agredidos, como son os pobos árabes.

Sapag explicou nas súas intervencións a situación actual na Siria como unha combinación de problemas internos do propio país que están presentes en 2011,  cando deflagra o fenómeno chamado «primavera árabe» — desde a crise agrícola pola seca até a liberalización parcial de modelo económico, que anula unha parte dos subsidios do Estado social sirio —, de intereses dunha minoría sunita que quer terminar coa aconfesionalidade do estado sirio e de intereses rexionais e globais por se facer co control político do territorio de acordo ás súas propias axendas. En concreto, Sapag explicou os intereses sauditas e catarenses, os do estado de Israel, os norteamericanos e os da Unión Europea — encabezada pola Franza —; e tamén os intereses rusos, chineses, libaneses e iranianos no apoio ao goberno de Damasco. Tamén se centrou no proceso que derivou dos protestos por problemas internos na rápida radicalización relixiosa do chamados «rebeldes», e na resposta militar e de reconciliación nacional dada polo estado sirio.

As intervencións de Pablo Sapag en Pontevedra e Lugo enmárcase nos actos do quinto aniversario de Mar de Lumes que trouxeron a Galiza poñentes de Palestina, Honduras, Cuba, Catalunya, Andalucía e Euskal Herria e que terminarán este sábado 16 de xuño cun concerto pola liberdade de expresión en denuncia dos recortes dos dereitos civís no Estado español.

Podes asistir á palestra de Pablo Sapag en Pontevedra grazas á emisión en directo realizada polos compañeiros de GzVídeos

Axenda MdL

  1. [Compostela] Galiza con Palestina

    25 de Xullo | 18:30 - 19:00
2018-06-12T13:01:20+00:00