A falla de soberanía e a dependencia do estado imperialista convértea nun peón estratéxico para transnacionais e gobernos capitalistas. Perante isto animamos a clase traballadora canaria a continuar saíndo ás rúas, tomar parte activa dos movementos populares e non agardar ningunha resposta institucional.
Canarias é unha nación rica en recursos naturais para poder desenvolver enerxías renovables sen necesidade de danar bruscamente o medio ambiente e polo tanto non depender dun recurso limitado e contaminante como é o petróleo. Acadar a soberanía política e económica polo tanto enerxética é un dos obxectivos que temos que alcanzar as nacións colonizadas para por freo ós intentos de destrución e exquilmación do noso medio ambiente.
Desde o Comité de Solidariedade Internacionalista Mar de Lumes queremos denunciar os intentos de extraccións de petróleo das costas canarias. Consideramos que gobernantes e empresas non tiveron en conta en ningún momento a opinión do pobo.
Reivindicamos como organización soberanista e antiimperialista o dereito dos canarios e canarias a decidir sobre o que lles afecta, a defender con dignidade os intereses do pobo e confrontarse contra as aspiracións coloniais de gobernos e multinacionais. Non podemos facer outra cousa que sumarnos as reivindicacións da clase traballadora canaria, apoiar aos movementos populares e animar a construír país desde abaixo e a esquerda.
Desde Galiza enviamos un saúdo fraternal e internacionalista,
Non ás prospeccións petrolíferas!
Boicot a Repsol!
Canarias libre e socialista!